Noticias 

Programa Hixía

Primeiro Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais da Deputación da Coruña

13/05/2022

Que che dean un premio sempre é motivo de ledicia. Pero cando o recibes por unanimidade na votación do xurado, entre unha chea de organizacións con proposicións fantásticas xa non te pode encher máis de orgullo.

Hixía é unha aposta como equipo, como unidade de atención ás adiccións legais. É unha resposta a unha necesidade social, a unha realidade de silencio e invisibilidade como é a das mulleres con consumo problemático de alcohol. Se queres coñecer máis do noso programa Hixía, pincha aquí.

Agradecemos á Deputación de A Coruña o pulo ás iniciativas sociais da provincia a súa sensibilidade fronte as problemáticas sociais e o recoñecemento á labor de tantas organizacións que contribúen á mellora da calidade de vida das xentes e á súa dignidade.

Archivada en:
Infórmate > Noticias